Thursday 09 de May de 2024

Ovidio Rodeiro mantivo un encontro de traballo co alcalde de Coristanco


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo unha reunión de traballo co novo alcalde de Coristanco, Juan García Pose. Este encontro responde á aposta da Xunta de Galicia de seguir impulsando o diálogo entre administracións co obxectivo de garantir unha atención próxima e de calidade.
Ademais, o representante do goberno autonómico informou a novo rexedor dos distintos programas, axudas e iniciativas que a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos para colaborar no mantemento do seu día a día e para facer inversións.
O delegado e o alcalde acordaron continuar con esta liña de colaboración nos vindeiros meses para incrementar a cooperación de ambas administracións.